viernes, 6 de diciembre de 2013

CONTOS PARA VER E LER

Se tes ganas de ver ou  ler un conto aquí tes moitos. Fai clic no enlace da ESCOLA UNITARIA DE VIDE.
 Felicitamos e agradecemos dende esta páxina ás autoras deste traballo de recompilación.

viernes, 20 de septiembre de 2013

NOVO CURSO ESCOLAR

Empezamos con festa en 1º B.  Era o aniversario da mestra. Nenas e nenos coñeceron a súa nova aula, os seus novos mestres e á mascota Bule.

 
Un día na fila.


martes, 4 de junio de 2013

EXCURSIÓN RIBEIRA SACRA : Viticultura heroica e Canóns do Sil

MOITA DIVERSIÓN E MOITA CALOR Pola mañá collemos o Tren Turístico Aba Sacra, onde cantamos e disfrutamos das paisaxes da Ribeira Sacra. Na visita á adega "Regina Viarium" explicáronnos como se fai o viño da Ribeira Sacra. Obsequiaronnos con pinchiños de rosca, queixo e bebida de limón. Xogamos un pouco no bonito xardín con vistas panorámicas e collemos o autobús. Xantamos nas mesas que hai en Cadeiras: empanadillas e froita.Máis xogos. Pola tarde: Ecomuseo de Arxeriz. Atendemos ás explicacións de Daniela. Houbo o xogo da búsqueda do tesouro con premios. Por último merendamos na carballeira de Escairón. Que boa estivo a merenda! Comemos: bocadillos de xamón, de chocolate, cachos de empanadillas, plátano, peladillos, galletas... Todo riquísimo. Cando chegamos estábannos esperando as nosas familias.

jueves, 23 de mayo de 2013

O MAGO CARLOS COIRA CO SEU ESPECTÁCULO ABRAPALABRA

Foi unha actuación fantástica para recordar durante moito tempo. Carlos Coira estivo no colexio grazas a Miguel o representante de Santillana no colexio. As imaxes amosánnos o entusiasmo co que se entregou o público de 1º,2º e 3º.

viernes, 1 de febrero de 2013

XOVES DE COMPADRES



Con papel de xornal, cadros multicolores e

fotos en 2º  preparamos os compadres

Pintámoslle a bata a Bule e vestímolo de compadre pintor





Outros compadres trouxéronse da casa